Cerco 2013. Cerámica e paisaxe
A proposta é unha intervención na paisaxe que consistirá na instalación de elementos cerámicos de formas orgánicas en diferentes zonas do espazo. Formula un percorrido lúdico a través da paisaxe, un convite a gozar e permanecer no lugar.
A evocación dun camiño de charcos é o punto de partida da obra; memoria, infancia, xogo con significados, que confluirían con experiencias de tipo sensorial debidas ao ámbito natural como a chuvia, a luz, o vento…
Entre a obra e o seu ámbito establécese un diálogo no que os ciclos da natureza, o paso das estacións, será perceptible nas pezas, alterando a súa aparencia, evocando charcos cando a auga da chuvia as enche ou flores cando non conteñen auga.
12 de xuño de 2015. Máis información: catálogo bienal cerco 2013